1 - Lola vai pola rúa cando comeza a caer auga das nubes en forma de pinga. Que está pasando?
Chove.
Sarabia.
Neva.
Xea.
2 - A primeira comida do día, que se fai polas mañás, chámase:
Cea.
Merenda.
Xantar.
Almorzo.
3 - Cando dicimos que algo está baleiro, estamos dicindo:
Que está novo.
Que está vello.
Que non contén nada.
Que está cheo.
4 - Se o paciente di que lle doe a gorxa, onde ten dor?
Na perna.
Na garganta.
Nun brazo.
No abdome.
5 - Xurxo caeu da bicicleta e deuse un golpe no ombro. Que palabra significa o mesmo que a palabra “ombro”?
Fronte.
Cóbado.
Costas.
Ombreiro.
6 - Das seguintes frases indique a correcta en galego.
Eses nenos son bos.
Esos perros ladran moito.
Non quero estos libros.
En xulio fai calor.